4X05| Besteiro: Manual de resistencia á galega
MP3•Epizód kép
Manage episode 386906871 series 3313652
A tartalmat a Carretando biztosítja. Az összes podcast-tartalmat, beleértve az epizódokat, grafikákat és podcast-leírásokat, közvetlenül a Carretando vagy a podcast platform partnere tölti fel és biztosítja. Ha úgy gondolja, hogy valaki az Ön engedélye nélkül használja fel a szerzői joggal védett művét, kövesse az itt leírt folyamatot https://hu.player.fm/legal.
Mentres os partidos continuan coa precampaña cara as galegas, en Carretando comezamos a debuxar os perfís dos candidatos e candidatas á Xunta con Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) como primeiro protagonista. Tras arquivarse as causas que o obrigaran a dimitir e logo de sete anos apartado da vida pública, Besteiro volve ao lugar de partida, candidato á porta duns comicios autonómicos moi abertos. Da man dos xornalistas Cristina P. Marcote e Manuel Varela, repasamos a traxectoria dun político cunha biografía que se resume no ascenso, a caída e a resurrección; con paralelismos ao Manual de resistencia do seu amigo Pedro Sánchez. Sube connosco nesta nova viaxe para coñeceres polo miúdo a quen os seus chamaron "o Messi da política galega".
…
continue reading
36 epizódok